20 oct 2011

Plazas libres nos cursos de Novembro.

A cousa parece que se anima e xa nos quedan poucas prazas nalgun dos cursos. Como, por exemplo, o de Deseño web.
Ademais temos 2 cursos de Deseño web para o sector comercio.

O horario de Aula Aberta será como sempre de 15 a 17, agás entre os días 7 e 18, que será de 19 a 20 horas.

13 oct 2011

Xa estamos de volta!!!

Xa retomamos os nosos cursos no día de hoxe.

Para os cursos que se inician o día 17, o próximo luns, temos dúas plazas libres no de Procesador de textos.

Nos cursos de Novembro: 
  • Do 2 ó 4: Seguridade na rede e Comunicación en tempo real por Internet.
  • Do 7 ó 18: Diseño dunha web (2 Libres)
  • Do 21 ó 30: Iniciación á Informática( 4 libres) e Folla de Cálculo (7 libres)

4 oct 2011

Novidades do mes de Outubro

Despois de remataren os curso de Setembro de Iniciación e Retoque cun nivel de asistencia do 100% e uns alumnos moi aplicados, xa temos aqui os cursos de Outubro.

Estes cursos empezarán o día 13, xa que a aula estara pechada por vacacións dende o día 5 ata o 12 deste mes.
Deixovos nesta imaxe as prazas que quedan libres. Os cursos de Correo electrónico e o de Iniciación a Informática e Internet están completos.
Tamén aparecen os cursos de Novembro con plazas libres.
Se vos queredes anotar  ou reservar plaza nestes días que estamos pechados, podedes facelo dende a web do CeMIT: cemit.xunta.es/formacion/15/2199
Ou enviando un email a: cemit.aspontes@xunta.es

Un saúdo!! Vemonos o día 13!!!

29 sept 2011

Algunhas das cousas que fixemos no curso de Retoque!!!

Para poder ver a animación tedes que pulsar na flor.
Exemplo de decoración dunha foto con editores online.



Coloreamos debuxos!!

16 sept 2011

Xa estamos en mitad do mes!!

Xa estamos no ecuador deste mes de setembro no aula CeMIT.

Hoxe rematamos cos dous primeiros cursos: Internet avanzado e Iniciación a Internet. Os grupos estupendos e con moitas gañas de aprender, así da gusto!!

E o próximo día 20 iniciamos os cursos da segunda quincena do mes:

  • Iniciación a Informática e Internet, de 5 a 7.
  • Retoque fotográfico con Gimp e outros editores online, de 7:30 a 9:30.
Aínda nos quedan dias prazas libres en cada curso, así que estamos a tempo para poder retocar as nosas fotos deste verán. Animo!!

2 sept 2011

Cursos de Setembro

Aínda temos prazas libres nos vindeiros cursos, si vos interesa so tedes que contactar.

1 sept 2011

Aula Aberta

Os horarios de aula aberta deste mes de setembro son de 15 a 17 horas.