14 nov 2013
18 jul 2013
Cursos finais de Agosto e Setembro
A
Aula
CeMIT de
As
Pontes de García Rodríguez celebrará
2
novos cursos no mes de Agosto
e
4 no mes de Setembro
As
Pontes, 18
de
Xullo
do 2013. A
Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de
As
Pontes celebrará 2
cursos no
mes de agosto.
Os
cursos están abertos a tódolos
públicos e son gratuítos,
tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de
cursos para os seus membros. Xa
esta aberto o prazo de matricula, ambos cursos teñen inicio o día
26
de Agosto.
A
Aula CeMIT pechar entre os días 22
de Xullo e 19 de Agosto
(ambos incluídos). Para anotarse ou pedir información a aula estará
aberta dende o martes 20
de Agosto en horario de 8 a 14:30.
Tamén
se pode anotar un dende a web do CeMIT: cemit.xunta.es, ou no email
da aula: cemit.aspontes@xunta.es.
Con
todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de
alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis
especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital.
Os
cursos destes meses serán de Alfabetización
dixital e outros dirixidos
a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de
informática.
Os cursos con inicio o día
26 de Agosto e finalización o 30:
- “Alfabetización dixital: correo electrónico”, co que se pretende que os alumnos creen unha conta de correo en Gmail e aprendan a enviar e recibir correos, adxuntar arquivos. O horario será de 10 a 11:30 horas. (7 horas)
- “Creación de carteis e folletos con Scribus (Programa gratuíto) ”. Co programa de Software Libre Scribus, é un programa de maquetación de páxinas que ofrece un gran rendemento na creación de publicacións por ordenador. Scribus está diseñado para dar flexibilidade no deseño e na composición, ofrecendo a capacidade de preparar arquivos para equipos profesionais de filmación de imaxes. Tamén pode crear presentacións animadas e interactivas en pdf e formularios. Entre os exemplos da súa aplicación atópanse periódicos, folletos, boletíns de noticias, carteis e libros. O horario será de 12 a 13:30 Horas.Xa para o mes de Setembro vanse iniciar 4 novos cursos de formación, principalmente dentro do grupo de Alfabetización dixital. Con isto retomamos a programación habitual da aula. Neste mes comenza a impartición dun cursos dentro do programa OLA FABIOLA. A Fundación Orange e a Fundación Directa, xunto co Ministerio de Sanidade, política social e igualdade poñen en marcha este programa para acercar ás mulleres estranxeiras todas as vantaxes do uso do ordenador e Internet. A través da súa plataforma online este curso conten varios módulos formativos. Neste mes dará comenzo o primeiro Modulo. Durante este ano impartiranse os 3 primeiros módulos que suman un total de 50 horas.
- “Iniciación a informática. Parte II”, para aqueles alumnos que teñen coñecementos básicos de informática ou alumnos que xa fixeron iniciación a informática e Internet. O curso iníciase o luns 2 de Setembro e ata o 12 do mesmo mes, en horario de 10 a 11:30. (13 horas).
- “Aprender xogando”, curso dirixido principalmente a nenos. Con el intentarase que mediante xogos educativos aprendan a usar un ordenador e sobre todo o uso do rato. Do 2 ao 6 de setembro, en horario de 12 a 13, 5 horas.
- “Uso de ferramentas Online: Google Docs, Drive, Dropbox, ...”, hoxe en día dispoñemos o noso alcance na rede un montón de ferramentas online. Xa non temos que levar con nos o USB coa información que podemos necesitar, so basta ter acceso a Internet e podemos ter na nosa man unha morea de posibilidades. Do 9 ao 20 de setembro. Horario: entre os día 9 e 12 de 12 a 13:30, e dende o 13 ao 20 de setembro o horario será 12:45 a 13:45. (12 horas)
- “OLA FABIOLA. Módulo I”, cunha duración de 18 horas. O día 13 de setembro iniciase este curso para mulleres estranxeiras, en horario de 10 a 12:15. Neste modulo I comenzase co manexo do ordenador e Internet. A través da plataforma online de OLAFABIOLA desenrolarase os seguintes temas:
- Tema 1 O ordenador.
- Tema 2 O teclado.
- Tema 3 O rato.
- Tema 4 O escritorio, as carpetas e as xanelas.
- Tema 5 Internet.
- Tema 6 Seguridade en Internet.
- Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes:
- Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro nº 28, soto
- A través da páxina web https://cemit.xunta.es/,
- Chamando ao teléfono 664 139846,
- Enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.aspontes@xunta.es
A
Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase
como o instrumento fundamental para promover a alfabetización
dixital da sociedade galega.
A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas
co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da
implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía
con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade
da Información.
Axente
TIC Josefina Veiga Lozano.
28 jun 2013
21 jun 2013
Cursos para o mes de Xullo
Aula da
Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da
Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de
As
Pontes celebrará 3
cursos o
longo deste
mes.
Os
cursos están abertos a tódolos
públicos e son gratuítos,
tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de
cursos para os seus membros.
O
trimestre pasado a aula rexistrou 232 horas de formación e
participaron máis de 160 alumnos (160 nas clases e a
maiores os
asistentes a Charla de Seguridade).
Con
todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de
alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis
especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital.
Neste
mes de Xullo
teremos
un curso de Alfabetización dixital e outros dirixidos
a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de
informática.
Durante
este mes os cursos terán todos horario de mañas, e aula estará
PECHADA
POR VACACIÓNS
entre os días 22 de Xullo e 19 de Agosto.
Os cursos con inicio o día 1
de Xullo:
- “Alfabetización dixital: Iniciación a informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores, aprendendo o necesario para o seu manexo así como as nocións básicas de Internet. O horario será de 10 a 11:30 horas. (20 horas)
- “Retocando as nosas fotos”. Entre os días 2 e 12 e cunha duración 14 horas, teremos un curso para alumnos con coñecementos previos na informática para aprender a retocar as nosas fotos. Co programa de Software Libre GIMP (similar o Photoshop) aprenderemos a modificar as nosas fotos: recortar, retocar fotos antigas e actuais, iluminar, etc. O horario será de 12 a 13:30 Horas.Curso con inicio o día 15 de Xullo.
- “Retoque fotos con editores online: marcos, montaxes divertidas, efectos artísticos, ...”, hoxe temos a nosa disposición distintas ferramentas online para poder modificar as nosas fotos e facerlles efectos sorprendentes, neste curso de 8 horas faremos estupendos retoques con todas estas webs. O curso iníciase o luns 15 de Xullo e ata o 19 do mesmo mes.
Para
inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas
actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes.
Os
cursos de Agosto a celebrarse a partir do día 19 de Agosto, estarán
dispoñibles para anotarse dende a web do
CeMIT ou
na aula (ata o día 19 de Xullo) a partir do día 10 de Xullo.
Etiquetas:
gimp,
Iniciación informática,
retoque fotográfico,
xullo
7 jun 2013
Prazas libres cursos de Xuño
Temos prazas libres nos seguintes cursos:
- Busca de emprego en Internet
- Iniciación as follas de cálculo
28 may 2013
Cursos de Xuño
Xa temos aberta a matricula dos cursos do mes de Xuño. Temos un pouco de todo:
Elaborar o curriculum, buscar emprego por Internet, Calc Avanzado, Iniciación as follas de cálculo, creación de blogs, e creación de carteis,... aqui vos deixo as datas e as prazas libres.
Elaborar o curriculum, buscar emprego por Internet, Calc Avanzado, Iniciación as follas de cálculo, creación de blogs, e creación de carteis,... aqui vos deixo as datas e as prazas libres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

