22 jul 2011

Curso creación dun blog

Durante esta semana tivemos a oportunidade de introducirnos no mundo dos blogs.
Espero que fose interesante para todos.

Agardo os vosos blogs!!

20 jul 2011

Onde estamos?


Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello das Pontes, esta na Rúa Rosalía de Castro nº 28. Edificio Dopeso, planta soto. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de As Pontes, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 664139846 (Ou a través do Concello coa Extensión 206), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.aspontes@xunta.es 
O horario que temos agora é de 15:00 a 21:30. Ademáis dos cursos que se van organizando temos dúas horas ó día de Aula Aberta, momento no que os usuarios poden conectarse a Internet, traballar cos equipos, preguntar dúbidas, etc.


Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica



A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

18 jul 2011

Benvida a tod@s!!

A Aula CeMIT das Pontes, é unha das numerosas aulas públicas existentes en Galicia que ten a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes. Neste blog intentaremos dar a coñecer a actualidade desta aula e o catálogo de actividades (cursos e charlas) programados para as próximas semanas. A Axente TIC, será a encargada de xestionar a aula e quen mellor lle poderá informar acerca de todas as actividades planificadas. Espero atoparnos por aqui. Un saúdo.