29 oct 2012

Entrega dos premios do Concurso de Logos


Hoxe tivo lugar a entrega a María Trastoy do premio obtido como gañadora do Concurso de logos da Aula CeMIT do Concello de As Pontes.

O xurado entregando o premio.

Logo gañador

26 oct 2012

Cursos de Novembro e Decembro

Dende a web do CeMIT: cemit.xunta.es podedes matricularvos nos cursos que se van celebrar unha vez rematen os Cursos Multimedia.

CURSOS MULTIMEDIA

Xa empezamossss!!! Xa están aqui!!!
Hoxe remata a primeira semana, cunha gran participación, uns alumnos aplicadísimos!!! Asi da gusto.

Graciñas!!!

19 oct 2012

A GAÑADORA DO CONCURSO DE LOGOS É..

O xurado xa tomou a súa decisión e entre todolos logos presentados, este é o gañador:


A súa autora e María Trastoy Rego. Enhoraboa!!!!

ULTIMAS PRAZAS NOS CURSOS MULTIMEDIA


Queres aprender a facer un guión?? Todo listo para a rodaxe?? e que programas necesitamos para a montaxe?? Se queres saber máis de todo isto temos o teu curso!!!
Curso de Produción audiovisual, na aula CeMIT a partir do día 24 de Outubro en horario de 10 a 14.
Aínda tes prazas libres!! ANIMATE!!
Que é a Web 2.0?? Como podio facer un blog, é gratis?? Para que valen as redes sociais?? Curso de Web 2.0 na aula CeMIT, horario de 16-20. 40 horas.
Se che interesa pasa pola aula CeMIT ou visita a web do CeMIT: cemit.xunta.es
Todos son GRATIS e con DIPLOMA!!!
 
 

12 oct 2012

Cursos Outubro


A semana do 8 de Outubro inícianse 2 novos cursos:

* O curso “Introdución a Informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores. O horario será de 17 a 19 horas. (18 horas)
* “Iniciación a Informática. 2ª parte.”, en horario de 19:30 a 21:30. Neste curso os alumnos melloraran a súa destreza no uso diario dun ordenador, uso do procesador de textos, Internet, ...(18 horas)


O día 24 inícianse 2 cursos dentro do programa multimedia da Xunta:

* En horario de maña de 10 a 14, teremos o curso “Produción Audiovisual”. Curso de 60 horas. Preténdese que os participantes viaxen por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual céntranse especialmente na parte de edición de audio e de vídeo. Os alumnos participantes no curso terán a oportunidade de participar nun concurso cos seus traballos. Obxectivo do concurso: Premiar as prácticas que revistan máis calidade, realizadas ao longo do curso de Produción Audiovisual a través do Espazo Multimedia de Aprendizaxe.
Premios: establécense 3 categorías con seus correspondentes premios.
--> Mellor guión literario – reproductor Blu-ray
--> Mellor guión técnico - Netbook
--> Mellor montaxe – Videocámara dixital
 Este curso rematará o 15 de Novembro.

* E xa pola tarde, de 16 a 20 horas, “Creación de contidos Multimedia e Web 2.0”. Curso de 40 horas. O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais para despois abordar o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog. A data de remate deste curso é o día 12 de Novembro.