30 ago 2011

Centro Multimedia de Galicia

Centro Multimedia de Galicia
Neste enlace tedes unha enquisa para ver que novos cursos vos poden interesar para ofertar na aula CeMIT para o próximo curso. A enquisa é anónima, pero con ela podedes aportar ideas sobre os temas que máis vos poden interesar, e así ter unha formación máis personalizada.

Animadevos a participar!!! Un saúdo.

29 ago 2011

Cursos de Setembro

Os días 8 e 9 deste mes de setembro, temos un cursos de Inicación o correo electónico, son 4 horas onde se inicia os alumnos na creación dunha conta de correo, e os seus primeiros pasos neste mundo.

O víndeiro día 12 comenzan dous novos cursos:

  • Internet avanzado, horario de 5 a 7.
  • Iniciación a Internet, horario de 7:30 a 9:30
O día 19 de setembro escomenzan:
  • Iniciación a Informática e Internet: de 5 a 7.
  • Retoque fotográfico con Gimp e outros editores online, de 7:30 a 9:30

Para calquera dúbida ou pregunta e para anotarse so tedes que poñeros en contacto co Axente Tic, xa sexa por email, teléfono, ou acudindo a propia aula.

2 ago 2011

Actividades de agosto

Durante agosto teremos varios cursos: Comportamento en Internet (4 h), Comunicación en tempo real por Internet (4h).
O día 29 de agosto comenzan os dous últimos cursos do mes:
Google e as súas aplicacións: docs, calendar, etc (10 h), horario de 5 a 7 e de luns a venres.
Iniciación a Informática, horario de 7:30 a 9:30.

A web para a túa empresa

Dende o 1 de Agosto e ata o día 12 terá lugar na aula CeMIT un curso para aprender todo o necesario para a creación e mantemento dunha páxina web: adquirir coñecementos necesarios non só para poder contratar un dominio e aloxamento, senón que poidan idear e manter a súa propia páxina web, sacandolle así un maior rendemento publicitario.

Esta dirixido principalmente o sector comercio, e pretendese achegar aos comerciantes ao mundo das novas tecnoloxías e da Internet e que, deste xeito, accedan a diferentes ferramentas que lles permitan modernizar os seus negocios, como é o caso da publicidade na rede, canle que toda a cidadanía utiliza e que é un importante medio para darse a coñecer e gañar novos clientes.

Un saúdo.