4 dic 2014

Redactar un correo electrónico (email)

Seguimos coas entradas relacionadas co grupo de Iniciación 2ª parte. Hoxe vamos a ver temas relacionados co correo electrónico. Para empezar deixo un vídeo de repaso:

Neste vídeo vese o procedemento para redactar un correo no sistema operativo debian que temos instalado na aula. Faise necesario como requisito inicial que teñamos unha conta rexistrada en Gmail.




Hoxe veremos cómo enviar unha mensaxe a varios destinatarios, cómo facer a nosa propia firma e varios aspectos da configuración da nosa conta de gmail.



3 dic 2014

Comezamos co curso de Iniciación 2ª Parte

Este Mércores comezamos coa segunda parte do curso de Iniciación. Comezaremos dando un repaso de todo o aprendido. Tratarei de ir colgando no blog toda a documentación que me sexa posible para que se poida consultar unha vez finalizado a sesión correspondente:

Empezo colgando uns enlaces a vídeos de youtube:

Historia breve do ordenador persoal:


Diferenza entre Hardware e Software


Partes dun ordenador:


Sistemas operativos: