30 ene 2013

Cursos para Febreiro

Boas a tod@s!!

Xa están dispoñibles para matricularse os cursos do mes de Febreriro.
Para a primeira semana continuamos co de Retoque que se iniciou o 28 de Xaneiro, e con un de Creación de correo electrónico, pensado para aqueles ususarios que fixeron con anterioridade Iniciación á Informática.

A partir do día 23 comenzan 4 novos cursos:


  • Busca de emprego por Internet
  • Miradas de Muller
  • Creación de documentos con Writer
  • Aprendendo a crear e usar Bases de datos
Para anotarvos o mesmo de sempre: aula, teléfono, web e email

O resumo das prazas libres existentes é o seguinte:

21 ene 2013

PRAZAS LIBRES nos cursos de Xaneiro


Aqui vos deixo as prazas que quedan libres, non son moitas... Para o curso que se inicia hoxe de Comercio por Internet, esta COMPLETO. E o de Retoque que se inicia o vindeiro luns 28 tamen.

16 ene 2013

Novas en prensa

Estos días de atras saímos na prensa!!!

Primeiro foi o diario "El progreso", que facía un resumen das actividades a realizarense na aula este mes. A nova tiña data do pasado 8 de Xaneiro.





Despois, o pasado domingo día 13, saímos no xornal " La voz de Galicia", onde se facía un resumen de todas actividades da aula no 2012.




E xa para rematar o luns o "Diario de Ferrol" tamén nos facía una reportaxe, onde se recopilaba o realizado no 2012 e se informaba das novas actividades para o 2013.

Nova da Aula CeMIT As Pontes no Diario de Ferrol

Saúdos e esperosvos pola aula!!!

4 ene 2013

Iniciativa " MIradas de Muller"

Neste ano 2013 vamos a iniciar unha actividade dirixida a mulleres chamase: Miradas de Muller, e tentará introducir as mulleres no campo da fotografía dixital, con elo daralles unhas ferramentas para poder facer disto non só unha afición senón tamén unha profesión.



A Xornada de presentación terá lugar na nosa aula o día 15 de Febreiro, venres, en horario de 10 a 14 horas. A primeira fase será:

o   Presentación do proxecto e da plataforma "Miradas de muller" que se poñerá a disposición das usuarias. Tempo considerado: 45 minutos.
o   Sensibilización das usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital. Tempo considerado: 2 horas – 2 horas e media.
o   Caso de éxito: presentarase un referente en fotografía dixital para que expoña de primeira man as súas experiencias, así como as vantaxes e retos que implica profesionalizarse no mundo da fotografía. Os participantes dispoñerán dun tempo para as súas preguntas. Tempo considerado: 1 hora.
  • Unha vez rematada esta fase da iniciatica terá lugar a impartición nas aulas CeMIT de cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital. 
  • A inscrición das usuarias na plataforma web "Miradas de Muller" (http://www.miradasdemujer.com) a través da cal poderán: acceder a pílulas informativas, obter resposta ás súas dúbidas mediante un titor, coñecer o traballo de referentes fotográficos, difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo, etc.
  •  A participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a iniciarse no mes de Abril.

Cursos Xaneiro


 Xa temos todolos cursos de Xaneiro listos para anotarse e con novidades, como os cursos de "Aprendendo a comprar por Internet co simulador de compras do Instituto Galego de Comercio"

Dende a web do CeMIT ou na aula podedes anotarvos coma sempre. Saúdos e vémonos nos cursos!!!


2 ene 2013

Xa estamos de volta!! Feliz 2013!!

Hola a tod@s, dende hoxe retomamos as actividades na aula. Esta semana con Aula Aberta de 9 a 14:30.
Estade atentos que os novos cursos estan no fornoooo, a puntiño de sair!!!