A Xornada de presentación terá lugar na nosa aula o día 15 de Febreiro, venres, en horario de 10 a 14 horas. A primeira fase será:
o Presentación do proxecto
e da plataforma "Miradas de muller" que se poñerá a disposición das usuarias. Tempo considerado: 45 minutos.
o Sensibilización
das
usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no
campo da fotografía dixital. Tempo considerado: 2 horas – 2 horas e
media.
o Caso
de éxito: presentarase
un referente en fotografía dixital para que expoña de primeira man as
súas experiencias, así como as vantaxes e retos que implica
profesionalizarse no mundo da fotografía. Os participantes dispoñerán
dun tempo para as súas preguntas. Tempo considerado: 1 hora.
- Unha vez rematada esta fase da iniciatica terá lugar a impartición nas aulas CeMIT de cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital.
- A inscrición das usuarias na plataforma web "Miradas de Muller" (http://www.miradasdemujer.com) a través da cal poderán: acceder a pílulas informativas, obter resposta ás súas dúbidas mediante un titor, coñecer o traballo de referentes fotográficos, difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo, etc.
- A participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a iniciarse no mes de Abril.
0 comentarios:
Publicar un comentario