28 jun 2013

Lago As Pontes



De practicas no curso de "Creación de blogs", insertando un vídeo

21 jun 2013

Cursos para o mes de Xullo


Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de As Pontes celebrará 3 cursos o longo deste mes. Os cursos están abertos a tódolos públicos e son gratuítos, tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de cursos para os seus membros.

O trimestre pasado a aula rexistrou 232 horas de formación e participaron máis de 160 alumnos (160 nas clases e a maiores os asistentes a Charla de Seguridade).
Con todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital. Neste mes de Xullo teremos un curso de Alfabetización dixital e outros dirixidos a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de informática.
Durante este mes os cursos terán todos horario de mañas, e aula estará PECHADA POR VACACIÓNS entre os días 22 de Xullo e 19 de Agosto.
Os cursos con inicio o día 1 de Xullo:
  • Alfabetización dixital: Iniciación a informática e Internet, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores, aprendendo o necesario para o seu manexo así como as nocións básicas de Internet. O horario será de 10 a 11:30 horas. (20 horas)
  • Retocando as nosas fotos”. Entre os días 2 e 12 e cunha duración 14 horas, teremos un curso para alumnos con coñecementos previos na informática para aprender a retocar as nosas fotos. Co programa de Software Libre GIMP (similar o Photoshop) aprenderemos a modificar as nosas fotos: recortar, retocar fotos antigas e actuais, iluminar, etc. O horario será de 12 a 13:30 Horas.
    Curso con inicio o día 15 de Xullo.
  • Retoque fotos con editores online: marcos, montaxes divertidas, efectos artísticos, ...”, hoxe temos a nosa disposición distintas ferramentas online para poder modificar as nosas fotos e facerlles efectos sorprendentes, neste curso de 8 horas faremos estupendos retoques con todas estas webs. O curso iníciase o luns 15 de Xullo e ata o 19 do mesmo mes.
    Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes.
Os cursos de Agosto a celebrarse a partir do día 19 de Agosto, estarán dispoñibles para anotarse dende a web do CeMIT ou na aula (ata o día 19 de Xullo) a partir do día 10 de Xullo.

Unas vistas interesantes....

Lago de As Pontes
Lago

7 jun 2013

Prazas libres cursos de Xuño

Temos prazas libres nos seguintes cursos:

  • Busca de emprego en Internet
  • Iniciación as follas de cálculo