Mostrando entradas con la etiqueta gimp. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gimp. Mostrar todas las entradas

21 jun 2013

Cursos para o mes de Xullo


Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de As Pontes celebrará 3 cursos o longo deste mes. Os cursos están abertos a tódolos públicos e son gratuítos, tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de cursos para os seus membros.

O trimestre pasado a aula rexistrou 232 horas de formación e participaron máis de 160 alumnos (160 nas clases e a maiores os asistentes a Charla de Seguridade).
Con todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital. Neste mes de Xullo teremos un curso de Alfabetización dixital e outros dirixidos a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de informática.
Durante este mes os cursos terán todos horario de mañas, e aula estará PECHADA POR VACACIÓNS entre os días 22 de Xullo e 19 de Agosto.
Os cursos con inicio o día 1 de Xullo:
  • “Alfabetización dixital: Iniciación a informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores, aprendendo o necesario para o seu manexo así como as nocións básicas de Internet. O horario será de 10 a 11:30 horas. (20 horas)
  • “Retocando as nosas fotos”. Entre os días 2 e 12 e cunha duración 14 horas, teremos un curso para alumnos con coñecementos previos na informática para aprender a retocar as nosas fotos. Co programa de Software Libre GIMP (similar o Photoshop) aprenderemos a modificar as nosas fotos: recortar, retocar fotos antigas e actuais, iluminar, etc. O horario será de 12 a 13:30 Horas.
    Curso con inicio o día 15 de Xullo.
  • “Retoque fotos con editores online: marcos, montaxes divertidas, efectos artísticos, ...”, hoxe temos a nosa disposición distintas ferramentas online para poder modificar as nosas fotos e facerlles efectos sorprendentes, neste curso de 8 horas faremos estupendos retoques con todas estas webs. O curso iníciase o luns 15 de Xullo e ata o 19 do mesmo mes.
    Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes.
Os cursos de Agosto a celebrarse a partir do día 19 de Agosto, estarán dispoñibles para anotarse dende a web do CeMIT ou na aula (ata o día 19 de Xullo) a partir do día 10 de Xullo.

21 feb 2013

Novos cursos para o mes de Marzo

Hola a tod@s, xa estamos case a rematar o mes de Febreiro, e os últimos cursos xa empezaron este luns día 18. 

O pasado día 15 de Febreiro tivo lugar a charla Miradas de Muller, cunha asistencia moi elevada, e nas que as alumnos entraron en contacto coa web da iniciativa e recibiron información do proxecto. Se vos interesa información podedes entrar en: www.miradasdemujer.com/

Pero xa temos na web do cemit os novos cursos e xa vos podedes anotar dende a propia web ou na aula.

Aqui vos deixo a lista de cursos coas prazas libres a día de hoxe!!


29 sept 2011

Algunhas das cousas que fixemos no curso de Retoque!!!

Para poder ver a animación tedes que pulsar na flor.
Exemplo de decoración dunha foto con editores online.



Coloreamos debuxos!!

2 sept 2011

Cursos de Setembro

Aínda temos prazas libres nos vindeiros cursos, si vos interesa so tedes que contactar.

29 ago 2011

Cursos de Setembro

Os días 8 e 9 deste mes de setembro, temos un cursos de Inicación o correo electónico, son 4 horas onde se inicia os alumnos na creación dunha conta de correo, e os seus primeiros pasos neste mundo.

O víndeiro día 12 comenzan dous novos cursos:

  • Internet avanzado, horario de 5 a 7.
  • Iniciación a Internet, horario de 7:30 a 9:30
O día 19 de setembro escomenzan:
  • Iniciación a Informática e Internet: de 5 a 7.
  • Retoque fotográfico con Gimp e outros editores online, de 7:30 a 9:30

Para calquera dúbida ou pregunta e para anotarse so tedes que poñeros en contacto co Axente Tic, xa sexa por email, teléfono, ou acudindo a propia aula.