18 dic 2012

Vacacións de Nadal 2013


Novas na Web do Concello

O pasado día 13 apareceu un articulo sobre a aula na web do concello, aqui o deixo:

http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/novas/get/tag:blogger.com,1999:blog-8081907381644012788.post-3838417625246778475

Saúdos

11 dic 2012

Resumo Actividades do 2012


Resumo sobre as actividades realizadas neste 2012 na Aula CeMIT de As Pontes

A piques de rematar o ano facemos un resumo das actividades realizadas neste ano. Non detallo cada curso en cada mes, pero se algún ten interese poderiamos ofrecerlle eses datos.
A media de cursos realizados por mes son 6. Realizándose a maiores 2 charlas sobre seguridade nos meses de Marzo e Abril.
As horas de formación foron de 788 horas en todo o 2012, e o número de alumnos que pasou pola aula foi de 486. Moitos dos alumnos repiten nos cursos empezando por Iniciación Informática e despois ampliando os seus coñecementos en Redes Sociais, Internet, Cámara dixital, ofimática, folla de cálculo, ...
 
Pensando no novo ano quedan pendentes cursos sobre “Compras en Internet” aproveitando o Simulador de Compras que ten o Instituto Galego de Comercio, que nos permitira practicar a mercar cousas en Internet e perderllo o medo a meter os nosos datos na rede. E tamén queda pendente o curso “Miradas de Muller” ofertado dende o CeMIT para mellorar a formación de mulleres en temas de fotografía, internet, .. data da primeira xornada o 15 de Febreiro. Entre outros novos e vellos que se ofreceran a partir de xaneiro para cubrir toda a formación requirida.

Saúdos