Resumo
sobre as actividades realizadas neste 2012 na Aula CeMIT de As Pontes
A piques de
rematar o ano facemos un resumo das actividades realizadas neste ano.
Non detallo cada curso en cada mes, pero se algún ten interese
poderiamos ofrecerlle eses datos.
A media de
cursos realizados por mes son 6. Realizándose a maiores 2 charlas
sobre seguridade nos meses de Marzo e Abril.
As horas de
formación foron de 788 horas en todo o 2012, e o número de
alumnos que pasou pola aula foi de 486. Moitos dos alumnos
repiten nos cursos empezando por Iniciación Informática e despois
ampliando os seus coñecementos en Redes Sociais, Internet, Cámara
dixital, ofimática, folla de cálculo, ...
Pensando no
novo ano quedan pendentes cursos sobre “Compras en Internet”
aproveitando o Simulador de Compras que ten o Instituto Galego de
Comercio, que nos permitira practicar a mercar cousas en Internet e
perderllo o medo a meter os nosos datos na rede. E tamén queda
pendente o curso “Miradas de Muller” ofertado dende o
CeMIT para mellorar a formación de mulleres en temas de fotografía,
internet, .. data da primeira xornada o 15 de Febreiro. Entre outros
novos e vellos que se ofreceran a partir de xaneiro para cubrir toda
a formación requirida.
Saúdos
0 comentarios:
Publicar un comentario