Dende o 1 de Agosto e ata o día 12 terá lugar na aula CeMIT un curso para aprender todo o necesario para a creación e mantemento dunha páxina web: adquirir coñecementos necesarios non só para poder contratar un dominio e aloxamento, senón que poidan idear e manter a súa propia páxina web, sacandolle así un maior rendemento publicitario.
Esta dirixido principalmente o sector comercio, e pretendese achegar aos comerciantes ao mundo das novas tecnoloxías e da Internet e que, deste xeito, accedan a diferentes ferramentas que lles permitan modernizar os seus negocios, como é o caso da publicidade na rede, canle que toda a cidadanía utiliza e que é un importante medio para darse a coñecer e gañar novos clientes.
Un saúdo.
0 comentarios:
Publicar un comentario