A semana do 8 de Outubro inícianse 2 novos cursos:
* O curso “Introdución a Informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores. O horario será de 17 a 19 horas. (18 horas)
* “Iniciación a Informática. 2ª parte.”, en horario de 19:30 a 21:30. Neste curso os alumnos melloraran a súa destreza no uso diario dun ordenador, uso do procesador de textos, Internet, ...(18 horas)
O día 24 inícianse 2 cursos dentro do programa multimedia da Xunta:
* En horario de maña de 10 a 14, teremos o curso “Produción Audiovisual”. Curso de 60 horas. Preténdese que os participantes viaxen por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual céntranse especialmente na parte de edición de audio e de vídeo. Os alumnos participantes no curso terán a oportunidade de participar nun concurso cos seus traballos. Obxectivo do concurso: Premiar as prácticas que revistan máis calidade, realizadas ao longo do curso de Produción Audiovisual a través do Espazo Multimedia de Aprendizaxe.
Premios: establécense 3 categorías con seus correspondentes premios.
--> Mellor guión literario – reproductor Blu-ray
--> Mellor guión técnico - Netbook
--> Mellor montaxe – Videocámara dixital
Este curso rematará o 15 de Novembro.
* E xa pola tarde, de 16 a 20 horas, “Creación de contidos Multimedia e Web 2.0”. Curso de 40 horas. O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais para despois abordar o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog. A data de remate deste curso é o día 12 de Novembro.
0 comentarios:
Publicar un comentario