10 ene 2012

Novo Ano, novos cursos!!

Ola a tod@s!!

Despois dunha pequena parentese, e das vacacións de nadal, volvemos con novos cursos na Aula CeMIT. E con novo horario tamén. A partir deste mes de xaneiro, a aula abrira 2 días pola mañá: os martes e venres en horario de 11 a 14 horas.

Este luns día 9 iniciaronse 2 novos cursos, de luns a xoves:

Uso do procesador de textos, as 17
Iniciación a Informática as 19:30

Son cursos cunha duración de 16 horas.

E hoxe día 10 iniciaronse un curso de Iniciación a Informática en horario de mañas, sera os martes e venres de 12 a 14 horas.


Os horarios de AULA ABERTA:

De luns a xoves, de 15 a 17
Martes e venres, de 11 a 12
Venres tarde, de 15:30 a 17:30

En breve poño os cursos do resto do mes, que se inician a partir do 23.
Un saúdo a todos!!

17 nov 2011

En decembro ven a deseñar a túa postal de Nadal!!

Neste curso faremos unha postal de nadal unica e persoal, usando o programa de retoque  Gimp e outros editores Online.

10 nov 2011

ÚLTIMAS PLAZAS NOS CURSOS QUE SE INICIAN O DÍA 21

Aínda quedan máis de 10 días pero algún curso xa esta case cheo. Resumindo:

  • Iniciación a Informática: 1 plaza LIBRE.
  • Uso dunha folla de cálculo: 4 plazas LIBRES.
Animo, aínda estades a tempo.

2 nov 2011

Novo mes, novos cursos!!

Hoxe co inicio do mes de Novembro, empezamos con dous novos cursos:
  • Seguridade na rede, de 17 a 19.
  • Comunicación en tempo real por Internet, de 19:30 a 21:30
Temos algunha plaza libre aínda, así que si vos interesa estades a tempo!!.

O día 7 comenzan 3 novos curso relacionados co Deseño Web, para os que xa non quedan plazas.

A finais de mes, o día 21 comenzamos 2 novos cursos, para os que aínda temos sitio:
  • Iniciación a Informática
  • Uso dunha folla de cálculo.
Calquera dúbida, so tedes que chamar, enviar correo electrónico ou pasar pola aula.
Un saúdo.

20 oct 2011

Plazas libres nos cursos de Novembro.

A cousa parece que se anima e xa nos quedan poucas prazas nalgun dos cursos. Como, por exemplo, o de Deseño web.
Ademais temos 2 cursos de Deseño web para o sector comercio.

O horario de Aula Aberta será como sempre de 15 a 17, agás entre os días 7 e 18, que será de 19 a 20 horas.

13 oct 2011

Xa estamos de volta!!!

Xa retomamos os nosos cursos no día de hoxe.

Para os cursos que se inician o día 17, o próximo luns, temos dúas plazas libres no de Procesador de textos.

Nos cursos de Novembro
  • Do 2 ó 4: Seguridade na rede e Comunicación en tempo real por Internet.
  • Do 7 ó 18: Diseño dunha web (2 Libres)
  • Do 21 ó 30: Iniciación á Informática( 4 libres) e Folla de Cálculo (7 libres)

4 oct 2011

Novidades do mes de Outubro

Despois de remataren os curso de Setembro de Iniciación e Retoque cun nivel de asistencia do 100% e uns alumnos moi aplicados, xa temos aqui os cursos de Outubro.

Estes cursos empezarán o día 13, xa que a aula estara pechada por vacacións dende o día 5 ata o 12 deste mes.
Deixovos nesta imaxe as prazas que quedan libres. Os cursos de Correo electrónico e o de Iniciación a Informática e Internet están completos.
Tamén aparecen os cursos de Novembro con plazas libres.
Se vos queredes anotar  ou reservar plaza nestes días que estamos pechados, podedes facelo dende a web do CeMIT: cemit.xunta.es/formacion/15/2199
Ou enviando un email a: cemit.aspontes@xunta.es

Un saúdo!! Vemonos o día 13!!!