28 jun 2013
21 jun 2013
Cursos para o mes de Xullo
Aula da
Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da
Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de
As
Pontes celebrará 3
cursos o
longo deste
mes.
Os
cursos están abertos a tódolos
públicos e son gratuítos,
tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de
cursos para os seus membros.
O
trimestre pasado a aula rexistrou 232 horas de formación e
participaron máis de 160 alumnos (160 nas clases e a
maiores os
asistentes a Charla de Seguridade).
Con
todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de
alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis
especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital.
Neste
mes de Xullo
teremos
un curso de Alfabetización dixital e outros dirixidos
a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de
informática.
Durante
este mes os cursos terán todos horario de mañas, e aula estará
PECHADA
POR VACACIÓNS
entre os días 22 de Xullo e 19 de Agosto.
Os cursos con inicio o día 1
de Xullo:
- “Alfabetización dixital: Iniciación a informática e Internet”, co que se pretende que os alumnos se familiaricen co uso dos ordenadores, aprendendo o necesario para o seu manexo así como as nocións básicas de Internet. O horario será de 10 a 11:30 horas. (20 horas)
- “Retocando as nosas fotos”. Entre os días 2 e 12 e cunha duración 14 horas, teremos un curso para alumnos con coñecementos previos na informática para aprender a retocar as nosas fotos. Co programa de Software Libre GIMP (similar o Photoshop) aprenderemos a modificar as nosas fotos: recortar, retocar fotos antigas e actuais, iluminar, etc. O horario será de 12 a 13:30 Horas.Curso con inicio o día 15 de Xullo.
- “Retoque fotos con editores online: marcos, montaxes divertidas, efectos artísticos, ...”, hoxe temos a nosa disposición distintas ferramentas online para poder modificar as nosas fotos e facerlles efectos sorprendentes, neste curso de 8 horas faremos estupendos retoques con todas estas webs. O curso iníciase o luns 15 de Xullo e ata o 19 do mesmo mes.
Para
inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas
actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes.
Os
cursos de Agosto a celebrarse a partir do día 19 de Agosto, estarán
dispoñibles para anotarse dende a web do
CeMIT ou
na aula (ata o día 19 de Xullo) a partir do día 10 de Xullo.
Etiquetas:
gimp,
Iniciación informática,
retoque fotográfico,
xullo
7 jun 2013
Prazas libres cursos de Xuño
Temos prazas libres nos seguintes cursos:
- Busca de emprego en Internet
- Iniciación as follas de cálculo
28 may 2013
Cursos de Xuño
Xa temos aberta a matricula dos cursos do mes de Xuño. Temos un pouco de todo:
Elaborar o curriculum, buscar emprego por Internet, Calc Avanzado, Iniciación as follas de cálculo, creación de blogs, e creación de carteis,... aqui vos deixo as datas e as prazas libres.
Elaborar o curriculum, buscar emprego por Internet, Calc Avanzado, Iniciación as follas de cálculo, creación de blogs, e creación de carteis,... aqui vos deixo as datas e as prazas libres.
12 may 2013
Charla: seguridade na rede: menores e redes sociais
O día 20 de Maio, no salón de actos da Casa Dopeso ten lugar esta charla sobre seguridade. É un tema moi interesante hoxe en día, tanto para nos como para os menores.
Esta aberto a tod@s, asi que non tedes disculpa para non vir.
Saúdos
Esta aberto a tod@s, asi que non tedes disculpa para non vir.
Saúdos
Etiquetas:
internet,
maio,
menores,
seguridade
9 may 2013
Maio: mes da seguridade en Internet
Hola a tod@s!!!
Este mes parece que vou retrasada, perdoade... aqui vos deixo os cursos abertos.
O número de prazas libres variou, pero aínda quedan prazas libres en case todos os cursos, se queres ver a situación actual: cemit.xunta.es
O día 20 será a charla sobre seguridade impartida pola garda civil, non se pode perder!!
Vemonos!!!
Este mes parece que vou retrasada, perdoade... aqui vos deixo os cursos abertos.
O número de prazas libres variou, pero aínda quedan prazas libres en case todos os cursos, se queres ver a situación actual: cemit.xunta.es
O día 20 será a charla sobre seguridade impartida pola garda civil, non se pode perder!!
Vemonos!!!
Etiquetas:
cursos,
internet,
maio,
seguridade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)