18 jul 2013

Cursos finais de Agosto e Setembro


A Aula CeMIT de As Pontes de García Rodríguez celebrará
2 novos cursos no mes de Agosto e 4 no mes de Setembro


As Pontes, 18 de Xullo do 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de As Pontes celebrará 2 cursos no mes de agosto. Os cursos están abertos a tódolos públicos e son gratuítos, tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de cursos para os seus membros. Xa esta aberto o prazo de matricula, ambos cursos teñen inicio o día 26 de Agosto.

A Aula CeMIT pechar entre os días 22 de Xullo e 19 de Agosto (ambos incluídos). Para anotarse ou pedir información a aula estará aberta dende o martes 20 de Agosto en horario de 8 a 14:30. Tamén se pode anotar un dende a web do CeMIT: cemit.xunta.es, ou no email da aula: cemit.aspontes@xunta.es.
Con todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital. Os cursos destes meses serán de Alfabetización dixital e outros dirixidos a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de informática.
Os cursos con inicio o día 26 de Agosto e finalización o 30:
  • Alfabetización dixital: correo electrónico, co que se pretende que os alumnos creen unha conta de correo en Gmail e aprendan a enviar e recibir correos, adxuntar arquivos. O horario será de 10 a 11:30 horas. (7 horas)
  • Creación de carteis e folletos con Scribus (Programa gratuíto) ”. Co programa de Software Libre Scribus, é un programa de maquetación de páxinas que ofrece un gran rendemento na creación de publicacións por ordenador. Scribus está diseñado para dar flexibilidade no deseño e na composición, ofrecendo a capacidade de preparar arquivos para equipos profesionais de filmación de imaxes. Tamén pode crear presentacións animadas e interactivas en pdf e formularios. Entre os exemplos da súa aplicación atópanse periódicos, folletos, boletíns de noticias, carteis e libros. O horario será de 12 a 13:30 Horas.
    Xa para o mes de Setembro vanse iniciar 4 novos cursos de formación, principalmente dentro do grupo de Alfabetización dixital. Con isto retomamos a programación habitual da aula. Neste mes comenza a impartición dun cursos dentro do programa OLA FABIOLA. A Fundación Orange e a Fundación Directa, xunto co Ministerio de Sanidade, política social e igualdade poñen en marcha este programa para acercar ás mulleres estranxeiras todas as vantaxes do uso do ordenador e Internet. A través da súa plataforma online este curso conten varios módulos formativos. Neste mes dará comenzo o primeiro Modulo. Durante este ano impartiranse os 3 primeiros módulos que suman un total de 50 horas.







  • Iniciación a informática. Parte II, para aqueles alumnos que teñen coñecementos básicos de informática ou alumnos que xa fixeron iniciación a informática e Internet. O curso iníciase o luns 2 de Setembro e ata o 12 do mesmo mes, en horario de 10 a 11:30. (13 horas).
  • Aprender xogando”, curso dirixido principalmente a nenos. Con el intentarase que mediante xogos educativos aprendan a usar un ordenador e sobre todo o uso do rato. Do 2 ao 6 de setembro, en horario de 12 a 13, 5 horas.
  • Uso de ferramentas Online: Google Docs, Drive, Dropbox, ...”, hoxe en día dispoñemos o noso alcance na rede un montón de ferramentas online. Xa non temos que levar con nos o USB coa información que podemos necesitar, so basta ter acceso a Internet e podemos ter na nosa man unha morea de posibilidades. Do 9 ao 20 de setembro. Horario: entre os día 9 e 12 de 12 a 13:30, e dende o 13 ao 20 de setembro o horario será 12:45 a 13:45. (12 horas)
  • OLA FABIOLA. Módulo I”, cunha duración de 18 horas. O día 13 de setembro iniciase este curso para mulleres estranxeiras, en horario de 10 a 12:15. Neste modulo I comenzase co manexo do ordenador e Internet. A través da plataforma online de OLAFABIOLA desenrolarase os seguintes temas:
  • Tema 1 O ordenador.
  • Tema 2 O teclado.
  • Tema 3 O rato.
  • Tema 4 O escritorio, as carpetas e as xanelas.
  • Tema 5 Internet.
  • Tema 6 Seguridade en Internet.
    A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
  • Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes:
  • Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro nº 28, soto
  • A través da páxina web https://cemit.xunta.es/,
  • Chamando ao teléfono 664 139846,
  • Enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.aspontes@xunta.es

Axente TIC Josefina Veiga Lozano.

0 comentarios:

Publicar un comentario