A
Aula
CeMIT de
As
Pontes de García Rodríguez celebrará
2
novos cursos no mes de Agosto
e
4 no mes de Setembro
As
Pontes, 18
de
Xullo
do 2013. A
Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de
As
Pontes celebrará 2
cursos no
mes de agosto.
Os
cursos están abertos a tódolos
públicos e son gratuítos,
tamén asociacións e colectivos poder consultar a realización de
cursos para os seus membros. Xa
esta aberto o prazo de matricula, ambos cursos teñen inicio o día
26
de Agosto.
A
Aula CeMIT pechar entre os días 22
de Xullo e 19 de Agosto
(ambos incluídos). Para anotarse ou pedir información a aula estará
aberta dende o martes 20
de Agosto en horario de 8 a 14:30.
Tamén
se pode anotar un dende a web do CeMIT: cemit.xunta.es, ou no email
da aula: cemit.aspontes@xunta.es.
Con
todos estes cursos pretendese formar os alumnos non só a nivel de
alfabetización dixital senón tamén ofrecerlles cursos máis
especializados para ampliar e mellorara a súa formación dixital.
Os
cursos destes meses serán de Alfabetización
dixital e outros dirixidos
a aqueles alumnos que xa teñen uns coñecementos básicos de
informática.
Os cursos con inicio o día
26 de Agosto e finalización o 30:
“Alfabetización
dixital: correo
electrónico”,
co que se pretende que os alumnos creen
unha conta de correo en Gmail e aprendan a enviar e recibir correos,
adxuntar arquivos.
O horario será de 10
a 11:30
horas. (7
horas)
“Creación
de carteis e folletos con Scribus (Programa gratuíto) ”.
Co programa de Software Libre Scribus,
é un programa de maquetación
de páxinas
que
ofrece un gran rendemento na creación de publicacións por
ordenador.
Scribus está diseñado para dar flexibilidade
no
deseño
e
na
composición, ofrecendo a capacidade
de preparar arquivos
para equipos profesionais
de filmación de imaxes.
Tamén pode
crear presentacións
animadas e interactivas en pdf
e
formularios. Entre os exemplos
da
súa
aplicación atópanse
periódicos, folletos, boletíns
de noticias, carteis
e
libros.
O horario será de 12 a 13:30 Horas.
Xa
para o mes
de Setembro
vanse iniciar 4 novos cursos de formación, principalmente dentro do
grupo de Alfabetización dixital.
Con
isto retomamos a programación habitual da aula. Neste
mes comenza a impartición dun cursos dentro do programa OLA
FABIOLA.
A
Fundación
Orange e a Fundación Directa, xunto
co
Ministerio de Sanidade, política social e igualdade poñen
en marcha este programa para acercar ás mulleres estranxeiras
todas as vantaxes do uso do ordenador e Internet. A través da súa
plataforma online este curso conten varios módulos formativos.
Neste mes dará comenzo o primeiro Modulo. Durante este ano
impartiranse os 3 primeiros módulos que suman un total de 50 horas.
“Iniciación
a informática. Parte II”,
para
aqueles alumnos que teñen coñecementos básicos de informática ou
alumnos que xa fixeron iniciación a informática e Internet.
O curso iníciase o luns 2
de Setembro
e ata o 12
do mesmo mes, en
horario de 10 a 11:30.
(13
horas).
“Aprender
xogando”,
curso dirixido principalmente a nenos. Con el intentarase que
mediante xogos educativos aprendan a usar un ordenador e sobre todo
o uso do rato. Do 2 ao 6 de setembro, en horario de 12 a 13, 5
horas.
“Uso
de ferramentas Online: Google Docs, Drive, Dropbox, ...”,
hoxe en día dispoñemos o noso alcance na rede un montón de
ferramentas online. Xa non temos que levar con nos o USB coa
información que podemos necesitar, so basta ter acceso a Internet e
podemos ter na nosa man unha morea de posibilidades. Do 9 ao 20 de
setembro. Horario: entre os día 9 e 12 de 12 a 13:30, e dende o 13
ao 20 de setembro o horario será 12:45 a 13:45. (12
horas)
“OLA
FABIOLA. Módulo I”,
cunha duración de 18
horas.
O día 13 de setembro iniciase este curso para mulleres
estranxeiras, en
horario de 10 a 12:15.
Neste modulo I comenzase co manexo do ordenador e Internet. A través
da plataforma online de OLAFABIOLA desenrolarase os seguintes temas:
Tema
1 O ordenador.
Tema
2 O teclado.
Tema
3 O rato.
Tema
4 O escritorio,
as carpetas e
as
xanelas.
Tema
5 Internet.
Tema
6 Seguridade en
Internet.
A
Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase
como o instrumento fundamental para promover a alfabetización
dixital da sociedade galega.
A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas
co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da
implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía
con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade
da Información.
Para
inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas
actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT das Pontes:
Edificio
Dopeso, na rúa Rosalía de Castro nº 28, soto
-
Chamando
ao teléfono
664 139846,
-
Axente
TIC Josefina Veiga Lozano.